A XVII Festa da Solidariedade coas persoas maiores de Folgoso do Courel celébrase este sábado
O Concello de Folgoso do Courel organiza a XVII Festa da Solidariedade coas persoas maiores este sábado 28 de setembro, dedicada a todas as persoas de 65 anos ou maiores que estean empadroadas no Concello.
O evento, que se desenvolverá no CPI Poeta Uxío Novoneyra, será gratuíta para todas as persoas de máis de 65 anos que se acheguen, así como para un acompañante de cada persoa. Durante a xornada, a orquestra Courelóuzara amenizará a festa.
Durante esta xornada, ademais, terán luga a iniciativa os Cantos de Taberna na súa VI edición a partir das 19.00 horas e na que participarán 12 grupos de música tradicional polos establecementos A Cova das Mouras en Vilamor, O Pontón en Ferreirós de Abaixo, Acampamento en Esperante, Anduriña en Seoane, o Bar Pombo en Seoane e o Bar Rafael en Seoane.
O Concello porá a disposición de todas as persoas participantes na festa un autobús gratuíto que seguirá distintas rutas:
- Ruta 1: Pedrafita – Paderne – Miraz – Villasibil – Meiraos, ás 12.30 horas.
- Ruta 2: Ferramulín – Visuña – Campelo – Mostaz – Esperante, ás 11.00 horas.
- Ruta 3: Noceda – Piñeira – Seoane, ás 11.00 horas.
- Ruta 4: Froxán – Vilamor – A Ponte de Valdomir – Folgoso – Ferreirós de Arriba, ás 11.00 horas.