A XV Xuntanza de Veciñas e Veciños da Pobra do Brollón terá lugar o 26 de outubro

O Concello da Pobra do Brollón organiza celebrará o domingo 26 de outubro a XV Xuntanza de Veciñas e Veciños, un evento pensado para fomentar a convivencia e o lecer na comunidade. A xornada incluirá un xantar popular, amenizado con música, e un sorteo de agasallos.
O evento contará con servizo de transporte gratuíto. As persoas interesadas deberán solicitalo no momento da inscrición, que poderá realizarse ata o 20 de outubro na Biblioteca municipal, nas instalación da Casa da Cultura ‘Olga Novo’, de luns a venres en horario de 10:30 a 13:30. As persoas maiores de 60 anos e os seus cónxuxes ou parellas, así como os menores de 14 anos, contarán cun prezo reducido.