A Xunta pon de relevo a calidade dos produtos da denominación de orixe Ribeira Sacra na Festa do viño de Sober
O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, asistiu á XLIII Feira do viño de Amandi, onde puxo de relevo a calidade dos produtos da denominación de orixe Ribeira Sacra.
Desde a Xunta defenden o seu labor "a prol de consolidar o viño galego nos mercados nacional e internacional ao abeiro da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que tamén busca potenciar tanto a imaxe de marca e identidade como o turismo vinculado aos territorios nos que se produce".
Destacan, tamén, a Lei de recuperación de terra como os polígonos agroforestais que "están a impulsar a posta en valor de grandes áreas de terreo para cultivos de viñedo" e a próxima Lei da calidade alimentaria, "para que os produtos alimentarios galegos acaden unha nova dimensión no mercado", sosteñen.