A Xunta investiu máis de 120.000 euros en renovar a igrexa de San Vicente do Pino de Monforte

RibeiraSacraXa
Dende o PP de Monforte amosan a súa ledicia por que a igrexa de San Vicente do Pino volvera a abrir este domingo as súas portas tras varios anos pechada debido aos traballos de restauración que se levaron a cabo neste templo de gran valor urbanístico.
Katy Varela PP Monforte
30 Out 2023

Dende o PP de Monforte amosan a súa ledicia por que a igrexa de San Vicente do Pino volvera a abrir este domingo as súas portas tras varios anos pechada debido aos traballos de restauración que se levaron a cabo neste templo de gran valor urbanístico.

Os populares tamén aproveitan para agradecer o convite das camareras da Virxe de Montserrat para participar na apertura desta igrexa, ademais de poñer en valor o investimento aportado pola Xunta de Galicia para a restauración da igrexa de San Vicente do Pino, unha reforma que tivo máis actuacións das estimadas xa que houbo que reparar tamén os danos causados na cuberta por unha tormenta no ano 2020.

Tanto o deputado no Congreso, Francisco Conde, como a deputada autonómica e voceira do PP de Monforte, Katy Varela, poñen en valor o esforzo realizado polo goberno galego para levar a cabo estes traballos xusto no día no que este templo volverá a abrir as súas portas, pechadas dende 2019, ano no que comezaron os traballos de restauración. Ademais, participaron no traslado en procesión da imaxe da patroa dende a igrexa da Régoa ata o seu altar en San Vicente do Pino e na posterior eucaristía.

Restauración

O investimento realizado pola Xunta de Galicia é de 122.000 euros, que serviu para, entre outras actuacións, realizar o picado do antigo revoco na fachada norte, a limpeza biocida nas fábricas de cachotería e cantería, impermeabilización de cornixas, repisas e contrafortes con chapa de zinc, a restauración de carpinterías exteriores de portas e fiestras, a adecuación funcional da escaleira da portada da fachada sur, a demolición de nichos na fachada leste, a limpeza da fábrica de cantería con renovación das xuntas en mal estado ou o revoco con morteiro de cal das fachadas exteriores de cachotería e posterior pintado con pintura de cal.

No exterior do templo tamén houbo que actuar, e entre as renovacións realizadas na cuberta está o desmontado total das tellas cerámicas, con recuperación dun 40%; a substitución de placas de fibrocemento deterioradas; a reposición puntual de elementos de zinc, en encontros do corpo de saída a cuberta; a colocación de novas tellas cerámicas con elementos de ancoraxe e suxeición capaces de soportar maiores presións de vento ou a protección de encontros de cuberta con muros en chapa de zinc.

Para os populares esta é “unha nova mostra do compromiso do goberno de Alfonso Rueda por renovar e protexer o patrimonio histórico, amosando así o claro compromiso de promocionar os tesouros galegos”.

0.17216992378235