A Xunta imparte estes meses seis cursos a voluntarios de Protección Civil

LugoXa | TerraChaXa | RibeiraSacraXa
Desenvólvense en Lugo, Vilalba, Monforte de Lemos, Quiroga e Chantada
XORNADAS-PROTECCION-CIVIL-EMERXENCIAS-GES1
Protección Civil
26 May 2024

A Xunta, a través da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), imparte nos meses de maio e xuño seis cursos na provincia de Lugo para formar a 134 persoas voluntarias de agrupacións de Protección Civil (AVPC).

O delegado territorial, Javier Arias, explica que corresponden á programación do primeiro semestre do ano e se desenvolven en Lugo, Vilalba, Monforte de Lemos, Quiroga e Chantada.

En Lugo comezou un curso básico de manexo de motoserras na Delegación da Xunta e na área recreativa dos lagos de Teixeiro. Os participantes adquiriron a formación necesaria para participar con seguridade en intervencións de retirada de emerxencia de árbores caídas ou ramas desprendidas. Contou con 11 alumnos e tivo unha duración de 16 horas.

Outra actividade céntrase na condución de vehículos todoterreo. Neste caso os contidos teóricos impártense online e as prácticas realízanse na canteira de Goiriz, en Vilalba. As datas van do 15 ao 30 de maio.

Así mesmo, o Centro de Formación e Experimentación Agraria da Xunta de Galicia, ubicado en Monforte de Lemos, acollerá a parte práctica dun curso semipresencial sobre coordinación de incendios forestais en situación 2 que durará do 30 de maio ao 18 de xuño; e Quiroga albergará clases presenciais de loita contra incendios urbanos e forestais do 1 ao 9 de xuño.

En maio tamén se impartiu formación dirixida a voluntarios de Protección Civil para obter a licencia de navegación – con prácticas no encoro de Belesar en Chantada – e un curso básico de manexo de desfibriladores externos (DESA) en Quiroga.

0.11258506774902