A Xunta fai pública a documentación da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A cidadanía poderá consultar a documentación relativa ao traballo de técnicos, expertos, veciños e axentes sociais que participaron na elaboración da proposta Ribeira Sacra: Paisaxe da auga
Vendima-Ribeira-Sacra
Ribeira Sacra
10 Feb 2025

A Xunta de Galicia vén de lanzar unha nova páxina web con toda a información sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial. Deste xeito, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon a disposición da cidadanía a documentación relativa ao traballo de técnicos, expertos, veciños e axentes sociais que participaron na elaboración da proposta Ribeira Sacra: Paisaxe da auga.

Este novo portal, dispoñible en galego, inglés e castelán, permite consultar os límites do territorio proposto para o máximo recoñecemento por parte da Unesco, así como a proposta de valor universal excepcional, os criterios ou os seis atributos especiais que definen a declaración.

Ofrece tamén a posibilidade de descargar o expediente completo que foi remitido para a súa avaliación ao Centro de Patrimonio Mundial de París e no que se inclúe o decreto de declaración como Ben de Interese Cultural desta paisaxe ou a información relativo aos encontros internacionais celebrados nos anos 2023 e 2024.

Cómpre lembrar, que o pasado mes de xaneiro, cumprindo rigorosamente cos trámites e temos exixidos, o Goberno galego remitiu ao Ministerio de Cultura o expediente que, tras unha primeira revisión, foi enviado a París. Con esta entrega iníciase o proceso de avaliación da candidatura a Patrimonio Mundial pola Unesco, cuxo resultado coñecerase ao abeiro do Comité Internacional do Patrimonio Mundial que se celebrará o vindeiro ano 2026.

0.17889881134033