A Xunta e os consellos reguladores das denominacións de orixe galegas reforzan a colaboración

GaliciaXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria mantivo unha reunión con representantes dos cinco consellos reguladores vitivinícolas de Galicia (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras)
xunta-do-viños
5 Apr 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo este venres unha reunión de traballo con representantes dos cinco consellos reguladores vitivinícolas de Galicia (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras).

O encontro serviu, en particular, para avanzar nos labores de preparación da acción de promoción extraordinaria que se vai levar a cabo este ano en Bruxelas, froito da cooperación entre os consellos reguladores e a Consellería do Medio Rural. O obxectivo desta iniciativa é facer unha exposición pública da situación actual do sector vitivinícola galego e afondar a extensión da calidade deste produto na Eurocámara en particular e, por extensión, na Unión Europea.

Ademais, na xuntanza abordouse a situación actual e perspectivas de futuro do sector vitivinícola galego diante de circunstancias como os aranceis impostos por Estados Unidos ou o descenso do consumo de viños tintos.

Neste sentido, o representante da Xunta reafirmou o compromiso de apoio do Goberno autonómico a un sector clave do rural galego, como é do viño, en eidos como o fomento da produción, a reestruturación e reconversión do viñedo, o control e impulso á calidade ou a promoción nos diferentes mercados.

⚙ Configurar cookies
0.15923690795898