A Xunta distingue ao colexio de Sober polo seu voluntariado de lectura

RibeiraSacraXa
A Xunta concédelle unha asignación de 600 euros, que terá que destinar ao desenvolvemento dun obradoiro
escola-sober-premio
Alumnos de Sober no seu proxecto
9 Xuño 2024

O CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober, un dos dez centros de Galicia é o único da provincia de Lugo que consegue ser seleccionado polas súas experiencias de voluntariado de lectura na Biblioteca Escolar Primaria.

A Xunta concédelle unha asignación de 600 euros, que terá que destinar ao desenvolvemento dun obradoiro especializado para aqueles alumnos e alumnas que ao longo do curso tiveran un papel protagonista dentro do grupo de voluntarios e voluntarias.

Esta experiencia é un programa de voluntariado no que o alumnado de 5° e 6° de Primaria dedica parte dos recreos de todo o curso a ser biblioaxudantes da biblioteca escolar.

Desde o centro recoñecen "estar moi contentos" porque este programa lles axuda a ser máis responsables, xa que teñen que cumprir as súas quendas e “facer cumprir” as normas da biblioteca; fomenta a solidariedade en canto que implica a renuncia dalgúns dos seus tempos de lecer en favor dos compañeiros e ademais potencia a empatía, pois tamén axudan aos máis pequenos no uso de medios tecnolóxicos, dos escornabots e median se xurde algún tipo de conflito.

O Concello de Sober felicitou ao centro por este recoñecemento.

0.18863916397095