A Xunta de Galicia puxo en valor o produto galego na Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
Gabriel Alén destacou a aposta do Goberno galego por este tipo de eventos de pequeno formato para impulsar a comercialización do produto artesán galego
Artesanía de Galicia en Sober
24 Ago 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, e polo alcalde de Sober, Luis Fernández, participou na apertura do evento Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra, unha cita que se celebra por cuarto ano consecutivo no Santuario de Nosa Señora de Cadeiras (Sober).

Alí, Gabriel Alén destacou a aposta do Goberno galego por este tipo de eventos de pequeno formato para impulsar a comercialización do produto artesán galego, divulgar os oficios tradicionais e consolidar a marca Artesanía de Galicia.

Ademais sinalou que feiras como esta demostran que o sector ten futuro e está en auxe, con máis de 800 obradoiros inscritos no rexistro xeral de artesanía, o que contribúe á creación de emprego e á dinamización do rural galego.

O director xeral tamén puxo en valor as achegas para impulsar o sector, como as axudas abertas actualmente por valor de 1,2 millóns de euros para potenciar a transformación sustentable e a economía circular dos sectores comercial e artesán.

0.093736886978149