A Xunta apoiará a terceira edición do Festival Raizames, en Taboada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, avanzou que a Xunta apoiará a terceira edición do Festival Raizames, que se celebrará no mes de maio en Taboada impulsado pola Asociación de comerciantes e industriais do municipio (Acimta).
Arias mantivo unha xuntanza na Delegación Territorial con representantes da organización para avaliar as posibles vías de colaboración. “Un ano máis daremos soporte a esta proposta, que está a despuntar como un novo recurso de dinamización económica arredor do viño e da identidade da Ribeira Sacra”, apuntou o delegado.