A Xornada de Caballesa contará cunha foliada e baile amenizados coa música de Airiños da Freba

RibeiraSacraXa
A Xornada de Caballesa contará cunha foliada e baile amenizados coa música de Airiños da Freba en Seceda do Courel
Xeoparque do Courel
26 Abr 2023

O vindeiro 30 de abril terá lugar a Xornada de Carballesa en Seceda, en Folgoso do Courel, que acolléra diferentes actividades desde as 11.30 horas ata o final da tarde.

Así, ás 11.30 horas comezará a xornada cun obradoiro teórico práctico de Carballesa, impartido por Xabier Iglesias e que durará ata o xantar, ás 13.30 horas.

Xa pola tarde haberá unha homenaxe a informantes, bailadores e músicos da zona que rematará coa foliada e o baile coa actuación do grupo de música tradicional Airiños da Freba a partir das 19.00 horas.

Ademais do Concello de Folgoso do Courel, a actividade conta coa colaboración do Xeoparque Montañas do Courel e coa área de Cultura da Deputación de Lugo.

Xornada de Carballesa Saceda do Caurel
0.066272020339966