A XLVI Feira do Viño de Amandi terá como pregoeiro ao chef Rafa Centeno

O Concello de Sober informou que o chef Rafa Centeno será o encargado de pronunciar o pregón na XLVI Feira do Viño de Amandi, que terá lugar os días 27, 28 e 29 de marzo de 2026. O seu discurso será o domingo 29 ao mediodía.
O alcalde, Luis Fernández Guitián, destacou que “Centeno logrou un fito histórico para Galicia, para a provincia de Lugo e para Sober” ao converter o seu restaurante Vértigo no primeiro en Lugo en recibir unha estrela Michelin.
Esta distinción, que o proxecto persoal de Rafa Centeno conseguiu para Vértigo, non só elimina a Lugo da lista de provincias sen recoñecemento Michelin, senón que tamén sitúa ao enoturismo galego a un nivel nacional destacado. Só seis adegas en toda España contan cun restaurante con estrela Michelin nas súas instalacións, o que consolida a Regina Viarum como un referente do enoturismo no noroeste peninsular.
Centeno, que se fixo cargo do Restaurante Vértigo en xullo e reside na aldea de Francos, Sober, destaca pola súa vinculación á zona e o compromiso coa promoción dos produtos locais, especialmente dos viños da subzona de Amandi. Con esta elección, o Goberno local quere poñer en valor o seu interese por asentarse en Sober e a súa contribución á revitalización do medio rural galego.