A XL Feira do Viño de Quiroga é a segunda cita do ano con elaboracións da DO Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
La XL Feria del Vino de Quiroga es la segunda cita del año con elaboraciones de la Denominación de Origen Ribeira Sacra.
2feira viño quiroga
17 Abr 2022

A XL Feira do Viño de Quiroga é a segunda cita do ano coas elaboracións da denominación de orixe (DO) Ribeira Sacra, tras a celebración a semana pasada da Feira do Viño de Amandi. Alí, puxéronse estes viños con selo de calidade, así como os eventos que os poñen en valor, como exemplos do camiño que debe seguir o sector primario para servir de panca que contribúa a recuperar e dinamizar o noso rural.

A estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia promovida pola Xunta xunto coa Fundación Juana de Vega axuda a potenciar tanto a imaxe de marca e identidade dos viños galegos como o turismo vinculado aos territorios onde se producen. Froito da intensa colaboración e do traballo de todo o sector esta folla de ruta xa en marcha axudará a definir os pasos a dar a medio e longo prazo tanto polas adegas como polos viticultores.

A Ribeira Sacra, conta con terreos de calidades agronómicas únicas pero cun elevado grao de abandono. A Lei de recuperación da terra agraria está a servir para apostar por actividade agrogandeira e forestal con valor engadido que permita poñer en valor o rural. Actividade como a das denominacións de orixe vitivinícolas mediante polígonos agrarios para o cultivo de viñedo, neste caso.

FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA
A Feira do Viño de Quiroga chega á súa edición número 40 ofrecendo o produto dunha ducia de adegas da DO Ribeira Sacra, ás que se suman unha máis convidada da denominación de orixe Ribeiro.

Cabe sinalar que a DO Ribeira Sacra está orientada fundamentalmente á produción de viños tintos, sobre todo empregando a variedade mencía, mentres que os viños brancos, cunha produción menor, proveñen de variedades como godello, albariño e treixadura.

A zona amparada para a produción deste viño comprende parroquias e lugares de 20 municipios situados ao longo das ribeiras do Miño e do Sil, no sur da provincia de Lugo e no norte da de Ourense. Está constituída polas subzonas de Quiroga-Bibei, Amandi, Chantada, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil.

0.18884301185608