A XL edición da Feira do Viño de Chantada foi todo un éxito
A Feira de Chantada foi todo un éxito despois de recibir milleiros de persoas durante os tres días que durou este evento.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou a XL edición da Feira do Viño de Chantada, e, acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González participou na entrega dos obsequios conmemorativos ás adegas participantes.
Por outra parte, realizou un percorrido polos seus stands e resaltou a importancia do evento para a promoción dun produto de calidade e dun sector fundamental no desenvolvemento da economía galega.
Ademais de todas as actividades, as actuacións musicais, a posta en valor de produtos típicos e o Túnel do Viño, tamén tivo lugar o concurso 'Cata Popular' e 'Cata Oficial, organizadas por Vinosacra.es.
Ao remate da Feira, déronse os premios aos viños gañadores destes concursos.