A ximnasia, o ioga e o cardio protagonizan as opcións deportivas en Carballedo
O Concello de Carballedo presenta un ano máis a súa programación deportiva para este curso. Entre as propostas está o ioga, a ximnasia de mantemento ou o fútbol que se desenvolverán de luns a venres en horario de 17.00 a 22.00.
A ximnasia de mantemento terá lugar os luns, os mércores e os xoves de 21.00 a 22.00. Pola súa parte, as clases de ioga celébranse os martes e xoves de 18.15 a 10.30.
Os martes e xoves é a quenda de cardio e fitness de 21.00 a 22.00. Para rematar a semana, os máis cativos poderán acudiar á Escola de Fútbol que será cada venres de 17.00 a 18.0.
As inscricións para as propostas de carácter gratuíto xa están abertas. Os interesados poden anotarse ou solicitar máis información no Concello de Carballedo ou a través do teléfono 982 466 201.