A XIII Xuntanza de Veciñas e Veciños da Pobra do Brollón terá lugar o vindeiro 30 de abril
RibeiraSacraXa
A XIII Xuntanza de Veciñas e Veciños da Pobra do Brollón terá lugar o vindeiro 30 de abril no pavillón municipal do Concello
20 Apr 2023
A Pobra do Brollón organiza a XIII Xuntanza de Veciñas e Veciños o vindeiro domingo 30 de abril no pavillón municipal.
Nesta edición, as persoas que participen poderán desfrutar dunha xornada na que haberá comida, música e sorteos.
A iniciativa está aberta a toda a veciñanza e terá un prezo de 25 euros, reducido para persoas empadroadas maiores de 60 anos e parellas, cun custo de 15 euros, e para menos de 14 anos, cun custo de 10 euros.
As persoas interesadas en participar desta iniciativa poderán anotarse ata o 26 de abril na biblioteca municipal ou a través do número 982 430 560.