A XII Romaría de San Lourenzo da Pobra do Brollón celebrarase o vindeiro día 10

RibeiraSacraXa
Desta maneira, comezará o evento ás 11.00 horas coa misa na igrexa parroquial de Cereixa e ás 11.30 terá lugar a procesión ata o Castro
Romaría-de-San-Lourenzo-A-Pobra-do-Brollón
1 Ago 2024

A Pobra do Brollón acolle o vindeiro sábado, 10 de agosto, a XII Romaría de San Lourenzo, que se desenvolverá en distintas localizacións do municipio.

Desta maneira, comezará o evento ás 11.00 horas coa misa na igrexa parroquial de Cereixa e ás 11.30 terá lugar a procesión ata o Castro para logo, ás 12.45 horas celebrar a sesión vermú coas pandeireteiras de Lagháchema.

Ao mediodía haberá polbo e churrasco para comer e ás 16.30 horas terá lugar o obradoiro de cerámica castrexa e neotumbas. Xa ás 18.00 horas será a visita guiada ás escavacións arqueolóxicas e ás 18.30 horas terá lugar a reereción da coluna no porche da Capela cos Tres de San Lourenzo.

Pola súa parte, ás 19.00 horas haberá un espazo de librería con edicións positivas, ás 19.30 horas celebrarase un concerto de A Ukestra do Medio, ás 22.00 horas será o concerto de Néstor Pardo e ás 00.00 horas actuará o DJ Los Costaleros del Día Anterior e haberá unha observación astronómica baixo o nome de ‘As bágoas de San Lourenzo”.

0.19109201431274