A XI Gala do Deporte puxo fin ás actividades de 2025 das Escolas Deportivas de Quiroga

RibeiraSacraXa
Todos os participantes recibiron unha medalla e un diploma
gran-gala-do-deporte-quiroga
Gran Gala do Deporte de Quiroga 2025
9 Jun 2025

A XI Gala do Deporte de Quiroga puxo fin o pasado sábado á tempada das Escolas Deportivas. O acto serviu para recoñecer todas as modalidades deportivas e a todos os deportistas participantes.

Coa gran foto de familia pechouse unha tempada na que se repasaron os logros acadados en distintas disciplinas, como voleibol e fútbol sala. Todos os nenos e nenas recibiron unha medalla e un diploma coa foto do equipo, entregados polo alcalde, José Luis Rivera, o concelleiro de Deportes, Antonio Marcos, e o concelleiro de Xuventude, Luis Manuel Arias.
Ademais, recoñeceuse o traballo de distintos equipos e clubs fóra do deporte escolar.

Destacaron os equipos de fútbol sénior e xuvenil, que recentemente recibiron o premio ao mellor equipo da provincia na Segunda Xuvenil Sur. Tamén se recoñeceu o esforzo e a dedicación das xogadoras do Quiroga Volei, moi populares na localidade.

A gala rematou cunha cea ao aire libre que puxo punto e final á tempada 2024-2025.

⚙ Configurar cookies
0.077718019485474