A X Feira Guímara fai público o programa de actividades

RibeiraSacraXa
Será o vindeiro 12 de xullo e contará coa tradicional representación da Revolta Guímara e os oficios tradicionais, así como xogos populares, xantar e música
Feira-Guímara-A-Pobra-do-Brollón
Feira Guímara
16 Jun 2025

A Pobra do Brolllón prepárase para unha nova edición da Feira Guímara, que este ano celebrarase o 12 de xullo cun programa repleto de actividades que arrancará co pregón a cargo Belén López Rodríguez, xornalista orixinaria de Recemunde.

Como é tradición, a representación da Revolta Guímara e os oficios tradicionais a cargo do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) centrarán a xornada, que contará tamén cun xantar de romaría, un campionato de xogos populares, un espectáculo a cardo de Circo AsSircópatas e un concerto de Brassica Rapa que poñerá fin á xornada.

Este ano, por primeira vez, convocouse un concurso de cartel que tivo como gañador a Iago López, veciño de Fornelas. A proposta destaca pola súa representación da revolta guímara, con referencias directas á historia local e un claro coñecemento do espírito da feira.

⚙ Configurar cookies
0.17121315002441