A voz dos alcaldes: Francisco Rodríguez, rexedor de Chandrexa de Queixa

RibeiraSacraXa
Nado en Celeiros no ano 1946, Francisco Rodríguez leva dende 1991 á fronte da Alcaldía de Chandrexa de Queixa
francisco-rodriguez-chandrexa
14 Dec 2025

Francisco Rodríguez Rodríguez, nado na aldea de Celeiros no ano 1946, leva dende 1991 á fronte da alcaldía de Chandrexa de Queixa, un dos concellos menos poboados de Ourense, con arredor de 500 habitantes.

Explíquenos un pouco como comezou na política e como se vinculou ao seu partido.

Empecei no ano 91. A min gustábame a política, eu era funcionario e deixei o traballo por comezar a traballar co partido, saín alcalde nas eleccións dese ano, e desde entón sigo.

Como deu o salto ou recibiu o impulso para ser alcalde?

Tiña moitas ganas de facer cousas polo meu pobo, e así foi.

A nivel persoal, que sacrificios supón formar parte do Goberno do Concello?

Moitos. Ao final pasas as 24 horas ao servizo do concello e dos veciños, pensando no traballo de cada día. Téñeste que dedicar practicamente por completo á alcaldía. Ademais, fun moitos anos deputado provincial, levo moitos anos na política, e todo eso fai que pases menos tempo coa familia.

E beneficios?

A cercanía coa xente e o soldo, sobre todo o de deputado provincial.

Como equilibra a vida pública e a privada?

Bueno, a privada coa familia é complicada. Estás moito tempo fóra por traballo. Incluso as fins de semana tes que ir visitar pobos e asistir a reunións do partidos. É difícil.

Cales son os seus obxectivos a nivel político?

Agora mesmo nada máis que seguir de alcalde o tempo que poda para poder seguir traballando polos meus veciños, polo Concello.

E se renova na Alcaldía, cales son as principais actuacións previstas?

Seguir traballando e mellorando. No rural sempre hai moito que facer.

Cales son as principais liñas do seu programa?

Restaurar vivendas e servizos necesarios que precisan renovación, como traídas de auga, e conseguir fixar poboación.

De que proxectos se sente máis orgulloso?

Sobre todo de facer un colexio novo para os nenos. Agora, como non hai, está pechado, pero estou moi orgulloso de conseguir abrilo. Tamén logrei facer unha residencia da terceira idade con 70 prazas e 30 postos de traballo.

Que lle gustaría que os veciños visen en vostede como alcalde?

Que son unha persoa amable, cercana e que traballa polos veciños.

Como é a súa relación coa oposición?

Moi boa. Non temos ningún problema, ademáis en moitos casos estamos de acordó.


EN CLAVE PERSOAL

  • Idade
    78 anos.
  • Estado civil e familiar.
    Casado e con dous fillos.
  • Formación.
    Bacharelato.
  • Profesión
    Fun funcionario practicamente toda a miña vida.
  • Se non fora alcalde, que lle gustaría ser?
    Gustaríame emprender.
  • Que quería ser de maior?
    Quería ter unha empresa de capacitación agraria.
  • Que fai para desconectar?
    É difícil, non desconecto moito.
  • Unha virtude.
    Teño moita ilusión polo que fago e son moi agradecido cos veciños. Son unha boa persoa.
  • Un defecto.
    Teño moitos.
  • Un consello para compartir.
    Todos temos que ter talante coa xente, ser serios e corresponder.
  • Un libro.
    Agora mesmo estou lendo Chandrexa de Queixa. Patromonio Natural
  • Unha película.
    Non son de películas.
  • Un grupo de música.
    Os Satélites.
  • Unha afección.
    A caza de coello e incluso a caza maior.
  • Un lugar que visitar.
    Viaxei moito, pero sempre recomendo Galicia: Santiago, As Catedrais, Montederramo, Santo Estevo… Temos un patrimonio riquísimo.
  • Unha comida.
    Non son gran comedor, pero diría cocido e cordeiro.
  • Unha bebida.
    Coca-Cola.
  • Unha persoa admirada.
    A miña muller e os meus fillos.
  • Unha posesión prezada.
    A familia e os coches.
  • Un desexo.
    Ter saúde e poder seguir traballando.
  • Algo para esquecer.
    As cousas que fixen mal.
  • Que é o que máis valora nunha persoa?
    Que sexa seria e sincera.
  • Un desafío pendente.
    Non teño.
  • Onde se ve en cinco anos?
    Descansando coa familia.
⚙ Configurar cookies
0.08066201210022