A Volta a Lugo Máster e o Desfile de Traxes Medievais ocasionarán cortes de tráfico este sábado en Monforte

RibeiraSacraXa
Afectarán á Praza de España, ás rúas Panaderías e Bailén, así como a todo o tramo polo que pasa proba ciclista
escolapios-monforte
5 Apr 2025

Dende o Concello de Monforte informan a todos os veciños dos cortes de tráfico de vehículos e a ordenación de tráfico que se realizarán este sábado, 5 de abril pola celebración de dous eventos que terán lugar na cidade no transcurso do día.

Praza de España, rúa Panaderías e rúa Bailén

Dende as 17.30 horas ata as 20.00 horas permanecerá pechado o tráfico de vehículos, no tramo comprendido entre a parte alta da Praza de España, na rúa Panaderías e en toda a Rúa Bailén para a organización e celebración do Desfile de traxes medievais que terá lugar ás 18:30 horas do sábado día 5 dende a entrada do mercado da Praza de abastos ata a entrada do espazo gastronómico.

Na rúa de Santo Domingo soamente se poderá circular en sentido de subida, dirección San Vicente, excepto o tramo entre o Campo da Virxe e a Porta da Alcazaba, polo que tamén poderán baixar os usuarios que teñan como destino a Rúa Falagueira e o entorno da Cárcere Vella.

Cortes pola Volta a Lugo Máster 2025

Sobre as 18.15 horas, aproximadamente, pasará por Monforte a Volta Ciclista Lugo Máster, co seguinte percorrido: o pelotón da carreira entrará por C/ Morín ata o cruce da C/San Pedro, seguindo pola Ronda María Emilia Baamonde ata a glorieta “Do Hórreo”. Dende alí xiran dirección saída da cidade pola Carretera de Chantada.

Todo o tramo do percorrido e o acceso ó mesmo das vías colindantes, permanecerá pechado mentras dure o evento.

⚙ Configurar cookies
0.16073203086853