A Volta a Lugo Máster celebra a súa XIII edición os vindeiros 6 e 7 de abril
LugoXa | RibeiraSacraXa
Os vindeiros 6 e 7 de abril desenvolverase unha nova edición da Volta a Lugo Máster, que percorrerá os concellos de Chantada, de Taboada, do Saviñao e de Monterroso.
5 Mar 2024
Os vindeiros 6 e 7 de abril desenvolverase unha nova edición da Volta a Lugo Máster, que percorrerá os concellos de Chantada, de Taboada, do Saviñao e de Monterroso.
Esta XIII edición, organizada polo Chantadino Club de Ciclismo, comezará ás 11.00 horas e acollerá a 200 participantes que poderán percorrer tres etapas individualmente ou as tres completas.
A primeira atapa será de Escairón a Escairón, percorrendo unha distancia de 75 km, na segunda terá lugar o Campionato de Galicia CRI Máster de 15 km, e a terceira será de 75 km, de Chantada a Chantada.