A voceira do PP de Monforte urxe ao alcalde a que solicite as axudas da Xunta para a ampliación da gardería

RibeiraSacraXa
Katy Varela, a voceira do PP de Monforte, vén de remitir unha carta ao alcalde, José Tomé, pedíndolle que solicite as axudas da Xunta para a ampliación da gardería municipal ou a creación dun punto de atención á infancia (PAI), como “medida para evitar que queden familias sen este tipo de servizo no noso Concello”.
Katy Varela PP Monforte
3 Out 2023

Katy Varela, a voceira do PP de Monforte, vén de remitir unha carta ao alcalde, José Tomé, pedíndolle que solicite as axudas da Xunta para a ampliación da gardería municipal ou a creación dun punto de atención á infancia (PAI), como “medida para evitar que queden familias sen este tipo de servizo no noso Concello”.

A convocatoria destas axudas está aberta e conta cunha dotación de ata 120.000 euros, polo que urxe ao alcalde a formalizar a solicitude, xa que o prazo remata o día 13 de outubro. Así, os populares defenden que "xa hai varias semanas que dende a agrupación municipal do Partido Popular se instou a José Tomé a solicitar as axudas autonómicas para ampliar a gardería municipal, xa que as prazas existentes son insuficientes", sosteñen.

Ademais, critican que "non é este o primeiro curso no que hai nenos que quedan sen praza, tendo que acudir a centros de concellos limítrofes, como o de Sober, no que si solicitaron as axudas que a Consellería de Política Social saca cada ano para poder ampliar as prazas da súa escola infantil, pasando de 20 a 40. Pola súa parte, o Concello de Monforte nada fixo”.

0.16171002388