A visita dos Reis Magos en Taboada estivo marcada polas medidas anticovid
O Concello de Taboada recibiu aos Reis Magos na praza de Riazón onde os agardaban os nenos e nenas veciños da zona.
A visita deu comezo ás 17.30 horas seguindo todas as medidas de seguridade recomendadas para que a cita fose segura para os veciños. Desta forma os nenos puideron desfrutar da visita das Maxestades de Oriente no día previo á noite máis especial do ano.
Os máis pequenos de Taboada recibiron da man dos reis os agasallos, mantendo a maxia e a ilusión propia destas datas. Esta cita supuxo unha maneira de socializar nestas situacións nas que son os grandes esquecidos.
Con esta actividade, péchase o ciclo de actividades de Nadal deixando aos rapaces uns días de descanso e desfrute previos á volta a clase que terá lugar o vindeiro luns 10 de xaneiro.