A vindeira Foliada Guímara da Pobra do Brollón terá lugar o día 26 de outubro

RibeiraSacraXa
Nesta ocasión, todo comezará ás 20.00 horas coa presentación do libro ‘Somos un pobo de artistas’, de Xurxo Souto
Foliada-Guímara-de-Lamaigrexa
14 Out 2024

O Concello da Pobra do Brollón organiza unha nova Foliada Guímara o vindeiro 26 de outubro, que se celebrará na parroquia de Piño.

Nesta ocasión, todo comezará ás 20.00 horas coa presentación do libro ‘Somos un pobo de artistas’, de Xurxo Souto.

Despois, ás 21.00 horas tera lugar o caldo comunitario, para o que haberá que levar cunca e culler; e como sempre chegará despois a Foliada, co grupo Lagháchema.

0.080713987350464