A VIII Andaina polo Corazón de Galicia terá lugar o vindeiro domingo 22 de outubro

RibeiraSacraXa
Atletismo Chantada organiza a oitava Andaina polo Corazón de Galicia, unha actividade de outono que terá lugar o vindeiro domingo, 22 de outubro, na que as persoas participantes camiñarán entre follas e cores de outono.
Andaina Atletismo Chantada
9 Out 2023

Atletismo Chantada organiza a oitava Andaina polo Corazón de Galicia, unha actividade de outono que terá lugar o vindeiro domingo, 22 de outubro, na que as persoas participantes camiñarán entre follas e cores de outono.

A saída será ás 10.00 horas na Adega Castrofiz, onde tamén rematará a andaina de 12 quilómetros que discorrerá por pistas, bosques e ribeiras de Chantada cunha dificultade media, chegando de novo á Adega Castrofiz.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o vindeiro 19 de outubro e a organización contará con persoal de asistencia en ruta, varios voluntarios nos puntos estratéxicos e persoas pechando a andaina coa finalidade de que ningún participante se quede rezagado.

Andaina Corazon de Galicia
0.12467098236084