A VII edición de VinEpaña e a Guía de Viños de Galicia 2025 recoñecen aos viños da D.O. Ribeira Sacra

Os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra foron recoñecidos con numerosos galardóns en dous eventos destacados do sector: a VII Edición do Concurso Nacional de Viños VinEpaña 2025, celebrado en Zaragoza os días 12 e 13 de febreiro, e a publicación da Guía de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia 2025, elaborada por Luis e Alejandro Paadín.
En VinEpaña 2025, os viños da Ribeira Sacra obtiveron un total de 21 premios, inlcuindo a Medalla Gran Ouro para Pazo de la Cuesta Pastoriza 2022 na categoría de “Brancos Tranquilos”. Ademais, outros sete viños recibiron unha medalla de ouro nesta catergoría (Pazo de la Cuesta Brancas 2023, Casa de Outeiro Subzona 2024, 1904 Adega Vella 2022, 988 Adega Vella 2022, Pazo de Maga 2024 e Fínca Míllara 2023), e unha medalla de prata outorgada a Guímaro Finca a Ponte 2021.
Pola súa banda, na categoría de “Tintos tranquilos”, o premio Medalla Gran Ouro foi para Guímaro Finca a Ponte 2021, e outros cinco ouros para Quitapesares 2020, Pazo de la Cuesta Mencía 2022, Finca Míllara 2022, Guímaro San Pedro 2021 e Corga 2023. Pola súa conta, Et Suseia Adega Vella 2021, Garoubas 2022, Ribera de los Naranjos 2022, Adega Vella 2023, Pazo de la Cuesta Batanero 2022 e VR Barrica 2020, obtiveron a medalla de prata. Na categoría de Variedades Minotarias foi premiado cunha medalla de prata Pazo de la Cuesta Brancellao 2022.
Pola súa banda, a Guía de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia 2025 concedeu un total de 275 medallas aos viños da D.O. Ribeira Sacra. Delas, 29 corresponden á máxima distinción, Gran Ouro, con 5 para viños brancos e 24 para tintos. Na categoría Ouro+, foron premiados 15 brancos e 50 tintos. A categoría Ouro recoñeceu 139 viños, incluídos 8 rosados, mentres que 42 viños recibiron medallas de Prata.
Estes recoñecementos consolidan o prestixio da D.O. Ribeira Sacra e poñen en valor o traballo das adegas que a conforman, reafirmando a súa posición dentro do panorama vitivinícola nacional.