A VII Carreira Popular de Carballedo reuniu a 450 participantes

RibeiraSacraXa
Nenos e adultos desfrutaron dunha xornada de convivencia e deporte ao libre nun evento consolidado xa neste municipio
carreira-popular-de-carballedo
Carreira Popular de Carballedo, imaxe do Concello de Carballedo
5 May 2025

Carballedo celebrou esta fin de semana a súa sétima carreira popular que logrou reunir a un total de 450 participantes.

Por primeira vez, este ano a proba contou con dous percorridos tanto na modalidade de carreira como na modalidade de andaina. Así, houbo un percorrido de 10 quilómetros para os mais preparados, e outro máis curto, de 5 quilómetros.

Os participantes reuníronse na tarde do sábado, 3 de maio, na Praza Victor Portomeñe, na Barreira, onde comezou a proba. Nenos e adultos desfrutaron dunha xornada de convivencia e deporte ao libre nun evento consolidado xa neste municipio.

⚙ Configurar cookies
0.15989899635315