A VI Festa da Cantarela celebrarase o 12 de xullo en Paderne

RibeiraSacraXa
A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel organiza un ano máis a única festa micolóxica do verán na península
Festa-da-Cantarela-Courel
Festa da Cantarela
23 Jun 2025

A Festa da Cantarela, ou Festa dos cogomelos e dos Soutos, celebrará a súa duodécima edición o 12 de xullo en Paderne, en plena serra do Courel.

A xornada, organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel, será a única cita dedicada aos cogomelos de todo o verán peninsular.

O programa arrancará ás 11:00 horas cunha ruta micolóxica con saída desde o quintairo, e continuará cunha festa animada pola foliada de Bosende. Ás 14:00 horas haberá unha degustación de tapas elaboradas con cantarelas e, para rematar, a cita servirá para presentar oficialmente o Courel Son 205 así como as actividades previstas para o outono.

⚙ Configurar cookies
0.1695818901062