A veciñanza do Courel organiza un Entroido "unidos no traballo e na ilusión"
RibeiraSacraXa
A veciñanza do Courel, coa colaboración da Asociación Desenvolvemento Serra do Courel, organiza un ano máis o Entroido, "unidos e unidas no traballo e na ilusión para que esta serra, patrimonio de tódolos galegos, siga viva", explican desde a Asociación.
31 Xan 2024

Así, o venres 9 de febreiro din que "encetarán o entroido" con pasarrúas despois do desfile do colexio por Seoane, pero os días grandes da festa serán o sábado 10, o Domingo Lardeiro, o 11, e o Martes do Lume, o día 13.
Estes días, levarase o desfile, os disfraces e toda a festa a diferentes parroquias de Folgoso do Ccourel a diferentes horas:
- O sábado: Ás 12.00 horas, en Vidallón; ás 14.00 horas, na Campa; ás 16.00 horas, en Pendella-Touzón; ás 18.00 horas, en Baldomir; e ás 20.00 horas, en Ferreiros de Arriba.
- O domingo: Ás 12.30 horas, en Teixeira; ás 14.30 horas, en Xantar en Seoane; ás 16.00 horas, en Meiraos; ás 18.00 horas, en Parada; e ás 20.00 horas, en Mercurín.
- O martes: Ás 12.00 horas, en Ferramulín; ás 16.00 horas, en Esperante; ás 19.00 horas, en Millares.
Ademais, todos ese días terá lugar a Queima do Meco e a Queima e solta do Coaño.