A veciñanza da Pobra de Trives xa pode solicitar as reducións na taxa do lixo

O Concello de A Pobra de Trives ofrecerá reducións de ata un 30% na taxa do lixo co obxectivo de reforzar o compromiso coa reciclaxe de residuos entre a veciñanza.
Así, os veciños e veciñas que teñan usen os composteiros domésticos poderá optar a unha redución do 30% na taxa do lixo, mentres que aqueles que leven os seus residuos ao punto limpo en ao menos dúas ocasións terán un desconto do 10%. O trámite deberá realizarse directamente na Deputación de Ourense.
As persoas interesadas deberán presentar a referencia catastral da súa vivenda e fotos do composteiro, ou ben o xustificante de entrega do punto limpo.