A veciñanza de Teilán comezou as súas clases de memoria

O Concello de Bóveda retomou este mes de outubro as actividades de envellecemento activo, dirixidas a persoas maiores de 55 anos. A iniciativa busca fomentar a actividade física e mental a través de obradoiros de memoria e sesións de ximnasia adaptada.
Así, en distintas parroquias do municipio, desenvólvense clases de memoria e ximnasia de mantemento, como é o caso de Teilán, onde as actividades teñen lugar os martes en horario de mañá. Tamén os martes, ás 10:25 horas, impártense obradoiros en Bóveda, e os mércores as actividades achéganse a Rubián e A Raíña. Pola súa parte, en Guntín e Ribas Pequenas as sesións desenvólvense os xoves.