A veciñanza de Rosende organiza unha Festa de Samaín
RibeiraSacraXa
Será este venres a partir das 20:00 horas

30 Oct 2025
Este venres, 31 de outubro, a parroquia soberina de Rosende vivirá unha noite de medo para celebrar o Samaín.
A festa comezará ás 20:00 horas e contará cunha Jam Session, un “Musical de terror”, tapas inspiradas no Halloween e unha Festa de Disfraces. Dende organización animan aos participantes a levar os seus instrumentos para pasar unha noite de medo, diversión e confraternidade veciñal.