A veciñanza de Ribas de Sil participou nun curso sobre dixitalización e sinatura electrónica

O Salón de Actos do Concello de Ribas de Sil inaugurou este luns o curso de dixitalización “Sinatura dixital / Chave365”, cun gran éxito de partipación.
O curso completou as 12 prazas dispoñibles, chegando incluso a formarse unha lista de espera debido á alta demanda, segundo informou o Concello. Esta iniciativa busca dotar á veciñanza de coñecementos prácticos para relacionarse coa administración pública mediante ferramentas dixitais como a sinatura dixital, Chave365 ou outros certificados electrónicos, facilitando así a realización de trámites en liña e contribuíndo a reducir a fenda dixital.
A actividade está organizada pola Deputación de Lugo e conta co financiamento da Unión Europea – NextGenerationEU, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, en colaboración co Concello de Ribas de Sil. Este curso supón un paso máis cara a unha administración máis accesible e próxima á cidadanía.