A veciñanza de Quiroga participou nun novo faladoiro sobre benestar con Teresa Taboada

RibeiraSacraXa
A especialista en ioga e Terapia Craneosacral, falou sobre o benestar físico e mental
faladoiro-quiroga
Tarde de Faladoiro en Quiroga
1 May 2025

O mes de abril trouxo unha nova edición do faladoiro de Quiroga, onde Teresa Taboada Vázquez foi a principal protagonista. Esta actividade, organizada polo Concello de Quiroga a través da Concellería de Servizos Sociais e Participación Cidadá, ten lugar no último mércores de cada mes e permite aos convida-dos compartir coñecementos e experiencias de interese para a comunidade.

Nesta ocasión, Taboada, responsable de Espazo Sacro e especialista en ioga e Terapia Craneosacral, falou sobre o benestar físico e mental. A súa intervención centrouse na importancia de aprender a "aquietar a mente", para poder afrontar os retos diarios nun mundo no que o ritmo da vida moderna é cada vez máis acelerado. Según comentou, "o noso cerebro funciona a velocidade da luz, e non todos estamos prepara-dos para iso".

A charla foi moderada, como sempre, polo Concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández Montes, que deu paso ao diálogo entre Taboada e os asistentes, promovendo un ambiente de reflexión e aprendizaxe.

⚙ Configurar cookies
0.12705206871033