A veciñanza de Pantón poderá participar dunha ruta de sendeirismo o 19 de outubro

RibeiraSacraXa
As persoas interesadas en apunntarse poderán facelo xa no número 982 456 377
concello ferreira panton
8 Oct 2024

O Concello de Pantón organiza para o vindeiro día 19 de outubro, sábado, unha ruta de sendeirismo.

Todo comezará na Lama do Curro ás 10.00 horas e terá unha lonxitude de 6,8 km, polo que se estima en 2,5 horas o tempo que se tardará en percorrer dita ruta.

Esta será circular e de dificultade media baixa, á que xa se poden apuntar as persoas interesadas a través do número 982 456 377.

0.17079591751099