A veciñanza de Folgoso do Courel manifestouse por unha sanidade digna no rural

RibeiraSacraXa
Seguirán protestando o mércores, cando tampouco haberá médico nos centros de saúde do municipio
veciños-Courel-protesta-centro-de-saúde
28 Maio 2024

A veciñanza de Folgoso do Courel protestou diante e dentro dos dous centros de saúde que se atopan en Folgoso do Courel e en Seoane pola ausencia de médicos.

Por iso, tamén rexistraron case 150 reclamacións pola ausencia de médicos que se viviu na mañá de onte, luns, e que se espera que tampouco haxa o mércores nin o venres, como denunciou o partido Caurel Vivo.

As persoas que se manifestaron onte diante dos centros de saúde, volverán facelo o mércores e ata que se solucione a situación, xa que sosteñen que "o rural ten dereito a ter unha sanidade pública digna".

0.089584112167358