A veciñanza de Bóveda conta co apoio do Concello para levar a cabo o rexistro da Xunta dos seus galiñeiros
O Concello de Bóveda ponse a disposicion dos veciños e veciñas para levar a cabo o rexistro da Xunta dos galiñeiros para autoconsumo.
Todas as granxas avícolas, incluidas as de autoconsumo deben estarinscritas no Rexistro Xeral de explotacións gandeiras e os titulares das explotacións avícolas deberán comunicar os datos necesarios para a súa inscrición no Rexistro autonómico.
Esta obrigatoriedade afecta a calquera persoa que queira ter galiñas, polos, pavos, patos perdices, pombas... sempre que sexan para autoconsumo e non para venda.
Así, isto afecta aos galiñeiros cun máximo de 30 galiñas poñedoras ou 50 polos de engorde, sempre que non se comercialicen ovos, carne ou outros productos.
Para levar a cabo este rexistro seá necesario acceder á páxina da Xunta e cubrir o modelo MR501A. Pode presentarse de forma telemática (Chave 365 oucert. FNMT), ou ben de forma presencial na oficina de Extensión Agraria correspondente.