A veciñanza da Pobra do Brollón saíu este luns á rúa para reivindicar os dereitos das mulleres

RibeiraSacraXa
O acto incluiu un chamamento a “mirar máis alá” das aparencias e dos clichés para ver a realidade da desigualdade, especialmente agravada no rural
8m-brollon
10 Mar 2026

O Concello da Pobra do Brollón conmemorou este lun sao mediodía o Día Internacional da Muller cunha concentración diante da Casa do Concello na que se deu lectura ao manifesto do 8M, nun acto que incluíu un chamamento a “mirar máis alá”.

Durante a lectura do texto animouse a reflexionar sobre a necesidade de ir máis alá das aparencias e dos clichés para recoñecer a realidade da desigualdade, unha situación que —segundo se sinalou— se agrava especialmente no medio rural. Neste contexto, tamén se apelou a alzar a voz para reclamar políticas autonómicas e estatais que garantan os dereitos das mulleres e a igualdade de oportunidades.

O manifesto incluíu ademais unha referencia aos máis de 130 conflitos armados que existen actualmente no mundo, trasladando o apoio do municipio ás persoas que os sofren e lembrando que, nestas situacións, mulleres, nenas e nenos adoitan ser as principais vítimas.

O acto concluíu coa entrega dun pequeno espello ás persoas asistentes. Este xesto simbólico quixo representar un compromiso colectivo para mirarse e recoñecerse máis alá dos estereotipos, como mulleres e homes que reclaman xustiza e igualdade para avanzar como sociedade.

0.11837100982666