A veciñanza da Pobra do Brollón denunciou o xenocidio en Gaza nunha charla co activista Fayez Badawi

RibeiraSacraXa
O activista deu a coñecer a realidade de Palestina ante un numeroso público
charla-fayez-badawi-brollon
Charla de Fayez Badawi na Pobra do Brollón
7 Oct 2025

O Concello de A Pobra do Brollón acolleu este luns na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, unha charla coa participación de Fayez Badawi, quen ofreceu unha visión detallada sobre a situación actual en Palestina, a historia do conflito e a situación de violencia que afecta ao pobo palestino.

A charla contou cunha gran afluencia de público e supuxo unha oportunidade para achegarse á historia e situación actual dun conflito que segue sendo un dos máis complexos e prolongados do mundo.

Fayez Badawi, nado en 1955 nun campo de refuxiados no Líbano, é unha voz privilexiada para falar deste tema. Os seus pais dedicábanse á gandería de cabras nunha aldea preto de Haifa e foron expulsados das súas casas e terras en 1948. Durante a súa adolescencia, Badawi incorporouse á resistencia palestina e á Frente Popular para a Liberación de Palestina (FPLP), iniciando labores auxiliares e máis tarde integrándose na guerrilla. Desde os anos 80 reside en España, fuxindo da represión, e durante moitos anos foi portavoz da FPLP en Europa.

Actualmente continúa sendo un militante activo, participando en diferentes actos para dar a coñecer a realidade de Palestina desde o punto de vista da Resistencia.

⚙ Configurar cookies
0.30896592140198