A veciña de Pantón, Rosa, protagoniza o vídeo máis viral do Nadal
O divertido vídeo protagonizado polo actor galego Rubén Ríos e a veciña do concello de Pantón, Rosa, volveuse viral nestas datas ao facer humor coas “pequenas racións” habituais nos fogares galegos.
O vídeo é un fragmento do capítulo 6, Rosa de Pantón, da web serie Arrieiros somos. Un proxecto audiovisual que ten como obxectivo narrar a identidade de Galicia a través da visión das galegas e galegos máis lonxevos.
Esta web serie que naceu durante a pandemia pretende promover o coñecemento interxeracional, para que os máis novos poidan recibir de primeira man os relatos e anécdotas dos máis maiores, co fin de transmitir coñecementos.
Grazas a vilarización do vídeo que tiña como obxectivo dar voz ás persoas maiores nos medios de comunicación, durante o día de hoxe, o programa Quén Anda Aí da TVG entrevistará a Rosa, que se encargará de difundir o seu legado. Cumprindo un dos obxectivos principais da web serie.