A V edición do Bioblitz do Courel desenvolverase os vindeiros 8 e 9 de xuño
A V edición do Bioblitz do Courel desenvolverase os vindeiros 8 e 9 de xuño en Folgoso do Courel, un evento no que colabora a USC, o Grupo Naturalista Hábitat, a Asociación Desenvolvemento Serra ddo Courel, a Sociedade Micolóxica Lucus e a Asociación Galega de Custodia do Territorio.
Este é unha prospección intensiva de biodiversidade nunha área determinada na que participan naturalistas asesorados por expertos de distintas disciplinas e nesta edición levarase a cabo un inventario biolóxico para obter o maior número de identificación e citas da flora, fauna e microbiota en varios espazos representativos do territorio.
Así, o 8 de xuño inaugurarase o evento ás 12.30 horas na Estación Científica do Courel, recibindo aos participantes. Tras a comida, iniciarase a actividade de campo ás 15.30 horas para logo, ás 19.00 horas, revisar e recompilar as observacións. Ás 20.30 horas haberá tempo libre e para crear e ás 22.00 horas terá lugar unha actividade de observación nocturna.
Pola súa parte, o domingo 9 comezarán as actividades de campo ás 10.00 horas e rematarán ás 13.00 horas, cando volverán os grupos e resumiranse os achados, presentando os resultados de ditas observacións. Todo concluirá ás 14.30 horas, cando terá lugar a clausura final.