A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves Pantón

Pantón acollerá este xoves, 31 de xullo, unha xornada de doazón de sangue coa presenza dunha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). O vehículo instalarase no Campo da Feira e permanecerá operativo en horario de 16:30 a 21:00 horas.
Desde ADOS lembran a importancia de manter a participación neste tipo de campañas tamén durante o verán, unha época na que as reservas adoitan baixar debido á diminución das doazóns. A entidade anima á cidadanía a colaborar para garantir o abastecemento dos centros sanitarios.