A Unidade de Atención Temperá da Ribeira Sacra contará con máis de 300.000 euros
A Unidade de Atención Temperá da Ribeira Sacra, que agrupa aos concellos de Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Bóveda, Sober, O Saviñao, Pantón, Quiroga e Pobra do Brollón, vén de recibir unha subvención de 322.440 euros da Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Discapacidade cofinanciada con fondos europeos.
A Unidade de Atención Temperá dá servizo aos oito concellos agrupados e ten 81 expedientes abertos de nenos entre 3 e 6 anos de idade. O servizo conta cun equipo multidisciplinar que ofrece os servizos de logopedia, psicoloxía, fisioterapia e terapia ocupacional.
Este servizo ten como obxectivo axudar a nenos a ter un desenvolvemento evolutivo adecuado.
Principalmente a través do servizo de pediatría, que fai o diagnóstico previo, deriva a familia á unidade de atención máis axeitada.
Tamén os centros educativos ou as propias familias poden poñerse directamente en contacto con este servizo a través do teléfono 982.43.51.76 para que os informen de cal é o proceso a seguir.