A UNED Sénior abre o prazo de matrícula
RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A UNED Sénior abriu xa o prazo de matrícula para o segundo cuadrimestre no que, en Lugo retomarase a Informática Básica, unha actividade titorizada por Rocío Cuiña Cotarelo, e a Iniciación ao Inglés, impartida por María Soledad Fernández López.
9 Mar 2022

Informática Básica será presencial os martes de 18:30 a 20:30 horas a cargo de Rocío Cuiña Cotarelo. Pola súa banda, inglés de iniciación A1 será online e presencial, os xoves de 12:00 a 14:00 horas con María Soledad Fernández López como titora.
O prazo de matrícula rematará o 7 de abril e as clases comezarán, se se chega ao mínimo de matrículas, o 15 de marzo. A matrícula realizarase de xeito online ou presencial no centro de Lugo e ten un prezo de 50 euros por materia.