A Uned organiza un curso sobre xestión de residuos

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A UNED de Lugo ten aberto o prazo de matrícula para a actividade Ecoloxía na cidade: 1. O lixo. Trátase dunha mesa redonda.
curso ecoloxia portada uned
26 Abr 2021

A UNED de Lugo ten aberto o prazo de matrícula para a actividade Ecoloxía na cidade: 1. O lixo. Trátase dunha mesa redonda na que se abordará a problemática da xeración e xestión do lixo nas cidades, concretamente na cidade de Lugo, e na que, tamén, se contemplarán solucións como as desenvoltas na cidade de Vitoria-Gasteiz e a vila de Allariz.

Participan neste curso Araceli Araceli Basanta Abella, estudante; María Lafuente, vogal de residuos de Adega; Benito García Carril, xornalista e voceiro da Asociación Galicia Ambiental; Xosé Manuel Romero Rodríguez, técnico da área de medioambiente do Concello de Allariz e Joseba Sánchez Rodríguez, responsable da unidade de Xestión de Residuos do Concello de Vitoria-Gasteiz.

Realizarase presencial ou online, en directo ou en diferido, o vindeiro xoves 29 de abril, en horario de 19:30 a 22:30 horas.

xestion de residuos curso uned
0.086385011672974