A UNED Lugo abre o proceso de admisión para os graos e as xornadas de portas abertas

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A UNED de Lugo, dentro do Plan de Acollida a novos/as estudantes, abre as súas portas e tamén o proceso de admisión
graos uned lugo
18 Xuño 2023

A UNED de Lugo, dentro do Plan de Acollida a novos/as estudantes, abre as súas portas a toda a comunidade os días 19, 21 e 23 de xuño e os días 18 e 20 de xullo, en horario de 11.00 horas.

O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer as súas instalacións, servizos e a oferta formativa. As persoas interesadas poden inscribirse neste enlace.

Por outra banda, dende o 15 de xuño e até o 23 de outubro queda aberto o prazo de Admisión para estudar algún dos nosos Graos ou Graos Combinados. Na UNED non hai límite de prazas nin nota de corte, pero a Admisión serve para solicitar o traslado de expediente ou a simultaneidade destes estudos dende outra universidade española antes de proceder á matriculación.

Este proceso de Admisión, previo á matriculación, deben facelo aquelas persoas que desexan estudar un Grao na UNED e acaban de facer a EBAU (ou fixeron a antiga Selectividade), quen superasen a Proba de Acceso á Universidade para Maiores de 25 o 45 anos noutra universidade distinta á UNED ou aqueles estudantes que veñen doutra universidade española, xa sexa para continuar os seus estudos na UNED ou para simultanealos cun destes Graos.

0.18649101257324