A UNED inicia cursos sobre mediación penal e xestión de proxectos de biomasa
A UNED inicia este luns dous cursos abertos a toda a poboación. O primeiro fala sobre a mediación penal e penitencia.
A Mediación converteuse nunha ferramenta fundamental para a sociedade, xa que cada vez xoga un papel máis importante a resolución dos conflitos de forma pacífica, fomentando o mutuo acordo. A Mediación Penal, impulsada pola directriz 2012/29 da UE, ten como un dos seus obxectivos a Xustiza Restaurativa, que está a ter cada vez maior importancia, como medida alternativa ao ingreso en prisión e como unha forma de superación dos conflitos sociais e de non reincidencia das persoas que cometeron un delito, ademais está a comezar a ter unha presenza crecente na cultura penal e nas prácticas xurisprudenciales.
Será impartido por Francisco Javier Mingorance Cózar, pedagogo, mediador oficial habilitado polo Ministerio de Xustiza do Goberno de España e do Departament de Xustiza da Generalitat de Catalunya e por Elvira Fernández Domínguez, subdirectora de Tratamento de Centro Penal, máster Perfilación criminal CPBA UDIMA.
Realizarase online do 13 ao 17 de xuño, de 16:00 a 21:00 horas.
Tamén o luns José Pérez Vázquez impartirá a actividade Introdución á xestión de proxectos de biomasa forestal. Nela, o xerente de Sogos Consulting SLU, introducirá nun recurso que actualmente se está aproveitando moi pouco na Comunidade Autónoma de Galicia e que se presenta como unha alternativa de emprendemento e de futuro laboral.
Realizarase online, en directo ou en diferido, do 13 ao 17 de xuño de 17:00 a 20:00 horas.