A UNED de Lugo gaña un ano máis o premio ás Boas Prácticas
A Comisión de Xestión Interna do Consello Social resolveu premiar a “boa práctica” posta en marcha polo Centro Asociado de Lugo, na convocatoria 2021. O premio ten unha contía de 5.000 euros e supón un recoñecemento ao bo facer do Centro da UNED de Lugo en materia sustentabilidade e contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 da ONU.
O proxecto #LugoNaturalMente, que foi galardoado, é unha iniciativa a prol dun cambio sostible na sociedade luguesa. Dende a UNED de Lugo estase a traballar para transformar a provincia de Lugo nun referente natural poñendo en valor a súa riqueza ambiental.
Outra das apostas dentro deste proxecto é contribuír á loita contra o cambio climático para que o noso legado sexa un planeta mellor para as futuras xeracións.
Outra das liñas estratéxicas é exercer como motor de cambio a prol dun modo de vida máis sostible para a sociedade luguesa.
Para rematar, en consonancia coa nosa aposta por xerar sensibilidade cos retos globais, a UNED está implicada na divulgación e consecución da Axenda 2030 da ONU e o seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Algo que se reflicte na canle en liña #PlanetaODS 2.0, onde se aliñan as principais efemérides socioambientais do ano cos obxectivos de desenvolvemento sostible.
Recentemente, foran galardoadas polo observatorio ODS da UNED a nivel nacional, dous proxectos da UNED de Lugo #PlanetaODS 2.0 e Foz 2030.