A Uned de Lugo celebrará en marzo varios cursos
A UNED de Lugo ten preparadas novas actividades de Extensión Universitaria para marzo e abril para as que está aberto o prazo de matrícula.
Nestas actividades trataranse temas de interese para a sociedade como a procura activa de emprego na era dixital e a biodiversidade urbana, así como unha serie de actividades de interese académico e didáctico centradas no Traballo Fin de Grao e Traballo Fin de Máster.
Así, un dos cursos será sobre Ferramentas para a investigación: TFG, que se desenvolverá do 1 de marzo ao 3 de maio. Tamén haberá outro de citar e referenciar en Word de forma sinxela, do 2 ao 18 de marzo. Continuarán co curso didáctico sobre Estratexias teórico - prácticas para a formulación do Traballo Fin De Grao e Traballo Fin de Máster, do 3 de marzo ao 28 de abril; Taller práctico sobre a Procura activa de emprego na era dixital, do 4 ao 25 de marzo; Actividade sobre a Biodiversidade urbana: a cidade como socioecosistema, os días 3 e 4 de marzo e outro sobre Patrimonio cultural subacuático, que se desenvolverá entre o 4 e o 12 de marzo.
Pecharán a oferta cunha actividade para coñecer estratexias para a eliminación de estereotipos de xénero no exercicio da actividade profesional, que será entre os días 8 ao 11 de marzo.
Todas estas actividades serán impartidas por académicos e profesionais, como la doctora Rocío Cuiña Cotarelo; a licenciada en Comunicación Audiovisual e docente de formación para o emprego, Mª Fernanda Núñez Uzcátegui, o coordinador de proxectos de Educación Ambiental e Espazos Naturais Protexidos – CEIDA, Sergio Paris Gómez, ou a doutora Rosa María Ricoy Casas.